BONO TALENTO EMPRESA, cofinanciado pola Unión Europea, no marco do programa operativo FSE+ Galicia 2021-2027. Obxectivo político 4: «Unha Europa mais social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais», para que as persoas traballadoras ocupadas participantes nos proxectos formativos das entidades beneficiarias melloren as súas habilidades.
A través da Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego, ofrece esta axuda «Bonos Talento Empresa» dirixidas ás empresas, para impartir «microcredencias»: accións formativas de carácter non formal, de curta duración, de entre 16 e 100 horas, dirixidas aos seus traballadores, para financiar o investimento na capacitación do seu persoal, co obxectivo de mellorar o seu rendemento e capacidades e dese modo incrementar a súa competividade.
Esta liña de axudas para microcredencias de formación enmárcanse na Axenda de Capacidades Europea para a competitividade sostible, a equidade social e a resiliencia (COM 2020 274) e na súa Recomendación do 16 de xuño de 2022 relativa a un enfoque europeo das microcredenciais para a aprendizaxe permanente e a empregabilidade (2022/C 243/02), e son cofinanciadas nun 60% polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+)